Antonia Ferrín Moreiras, a contadora de estrelas

O martes 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora. Despois falamos das distintas profesións, algunhas coñecidas e outras menos,  como é o caso dos astrónomos e as astrónomas. Co gallo do noso proxecto, aproveitamos para falar de Antonia Ferrín Moreiras, unha famosa astrónoma galega, coñecida como a contadora de estrelas, que traballaba no observatorio de Santiago de Compostela buscando estrelas dobres.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.