Aviso: Castañas para o Magosto

Boas, anque xa mandamos hai uns días a circular ás casas, aproveitamos que temos este medio para lembrar que este martes e o mércores podedes mandar nas mochilas as castañas para a asadura (2 ducias). O xoves xa non se recolle ningunha xa que é o día da celebración.
Deben vir picadas para que non estoupen ó asalas. 
Nas aulas as recolleremos, faremos algunha actividade con elas e as xuntaremos coas do resto de compañeiras e compañeiros.
Grazas pola vosa colaboración!  


Non chas quero non chas quero, 
castañas do teu magosto,
non chas quero non chas quero, 
que me cheiran a chamosco. 
Indo polo souto abaixo, 
atopei un ouriciño, 
tres castañiñas me deu, 
para tí meu queridiño, 
para tí meu queridiño, 
ai lalelo, ai lalalo.


- Como te chamas?
- Come castañas
- E de apelido?
- Caldo cocido!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.