Amosando publicacións coa etiqueta Entroido b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido b>. Amosar todas as publicacións
ENTROIDO 2015
Temos unha chea de fotos dos días do Entroido! Aquí vos deixamos algunhas delas animadas coa fantástica música de Paco Nogueiras e outras na carpeta para que as poidades descargar
Roscas de Entroido
Esta semana está sendo moi entretida, recunchos de disfraces, contacontos na biblioteca, bailes tamén cociÑAMos!
Esta mañá convertemos a aula de Nadarín nunha cociña e preparamos unhas roscas boísimas. Pasámolo xenial e aprendemos unha morea de cousas. Pesamos, contamos, ulimos, tocamos, observamos, secuenciamos, aprendemos novo vocabulario e, sobre todo, saboreamos o noso traballo.
Están feitos unhas e uns profesionais.
Agardamos que vos gustaran!
Están feitos unhas e uns profesionais.
Agardamos que vos gustaran!
SEGUIMOS CO ENTROIDO...
Imaxinamos que xa estaredes atarefados a traballar no disfraz... pero aínda precisamos dun pouquiño máis de cooperación!
Para o día da festa, temos previsto participar todos xuntos dunha merendola con postres típicos do Entroido, así que agradecemos que lles mandedes ese día unha pequena mostra dos mesmos. Unha vez máis, grazas por colaborar e bo Entroido!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

