Amosando publicacións coa etiqueta Avisos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Avisos. Amosar todas as publicacións

Cancións convivencia na Torre

Compartimos algunhas das cancións que podemos cantar xuntas/os o luns e que as nenas e nenos pediron e que xa coñecen na súa maioría.

Podedes atopalas na canle de vídeos.
Lembrade que nos vemos ás 16:15 no parque do Antigo Cárcere Provincial coas camisetas vestidas!



Reunión convivencia na Torre

Esta mañá levaron unha circular informativa, Había un erro na data, non é o luns 4 de xuño, senon o 6.
   
Estimadas familias, as mestras de 5º de educación infantil poñémonos en contacto con vós para convocarvos para unha breve reunión este luns 6 de xuño ás 17:00, co fin de planificar unha actividade de convivencia. A proposta sería pasar unha tarde na contorna da TORRE DE HÉRCULES, familias e alumnado acompañadas polas titoras. A data da convivencia sería, o luns 20 de xuño a entre as 16:15 e as 18:30 horas. Un cordial saúdo, As titoras.

Excursión a María Pita

Este xoves seguiremo coñecendo a nosa cidade na visita que temos á Praza e Pazo de María Pita. Xogaremos na praza e entraremos dentro do Concello.
No Día das Mulleres xa nos temos achegado ao personaxe histórico da muller que lle da nome á nosa principal praza e agora voltamos a el.
Colgamos un par de vídeos cos que seguir indagando e tendes máis información na canle de Youtube, no cartafol de Proxecto Cidade.
Anque nós non iremos a coñecer a casa de María Pita, lembrade que podedes facelo na Cidade Vella.


 E, a ver si vemos ao alcalde !




Aviso carreira contra a fame



O venres é o día da Carreira contra a Fame na que o alumnado inscrito correrá co fins solidarios.
O alumnado de infantil levará un sobre o día da carreira no que se poden facer as aportacións nos sucesivos días.
Tal e como se envíou ás casas a pasada semana, as familias interesadas en vir participar desta actividade correndo, poderán inscribirse até encher o número de prazas que, por motivos organizativos, se teñen ofertado.
As persoas que hoxe devolveron a solicitude teñen a praza confirmada, as que se envíen posteriormente, terán que consultar dispoñibilidade.
Como esta é unha actividade que se realiza por primeira vez e que require bastante organización, agardamos poder ter aclarado as dúbidas xurdidas até o momento.
Moitas  grazas por anticipado polo interese e colaboración.

Avisos Letras Galegas

Esta semana tan breve temos un milleiro de actividades interesantes.
Traballo do autor nas aulas, lectura de poemas, decorado de todo o centro con 
poemas (escaleiras, ventás, tendal...)



 "Soñando Galicia... con Manuel María"  

Xa que onte foi o día das Letras Galegas, imos celebralo por todo o alto comezando co himno á hora da entrada.



Logo, ás 12,20 temos a sorte de poder contar coa Asociación cultural do noso barrio Son d'aquí, que tocarán unhas pezas para que poidamos bailar e cantar e algunha alumna e alumno dos maiores do centro tamén fará algunha actuación. 

Resultado de imaxes para son d'aqui


Monte Alto, Monte Alto,
patria do pai Breogán.
¡Caeron altos castelos
e moitos máis caerán!
Faro de Hércules se fora
a luz túa roita e guía
ben podes ter por​ seguro 
que ​outro ​galo ​cantaría .

Manuel María 2001



Dillo ti

Xulio Ferreiro, o alcalde da Coruña, conversará o vindeiro sábado 30 de abril no centro cívico de Monte Alto.
Dillo Ti é un novo dereito para a cidadanía. Unha nova canle que a Concellería de Participación e Innovación Democrática abre para a cidadanía. Dillo Ti son encontros abertos co alcalde e o equipo de goberno municipal para discutir libremente os temas que preocupan á cidadanía. As persoas participantes poderán presentar calquera idea, proposta, problema, suxestión ou reclamación durante o encontro. O último sábado de cada mes nun barrio da cidade. A entrada é libre ata completar capacidade. Haberá conciliación para nenas e nenos. 
 Como este ano estamos a coñecer A Coruña consideramos interesante comunicar a posibidade de participar nesta canle de comunicación cidadá. Estes días falaremos na escola das posiblilidades de mellora do noso barrio e, si o queremos ir a comunicar a título individual ou colectivo na campaña  podedes participar aportando ideas.

 

Saída ao Mercado de Monte Alto e certame de debuxo



Seguindo coas actividades encamiñadas a coñecer o noso barrio, mañá faremos unha saída para achegarnos ao mercado municipal de Monte Alto e participar nunha actividade propostandende a Federación de prazas de abastos de Galicia "QUERE O TEU MERCADO".
 Consiste nun certame de debuxo co que achegar ás crianzas ao mercado tracicional e de proximidade.

Volvemos a achegar o vídeo sobre peixes de Galicia que fixemos o ano pasado, xa que pode ser interesante volver revisalo para esta actividade.


MÁIS INFO SOBRE O MERCADO DE MONTE ALTO



AVISO IMPORTANTE. CANCELACIÓN OBSERVACIÓN

Estimadas familias,
informamos de que finalmente esta tarde se terá que CANCELAR a actividade de OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA por enfermidade.
Desculpamos as molestias.

 
Aproveitamos para comunicar tamén que este ano non participaremos no Día da Ciencia na Rúa por non haber disponibilidade suficiente do alumnado e familias para dita actividade.
Moitas grazas polas vosas respostas e que teñades un feliz descanso.
Atentamente,
Noa.

Observación Astronómica

Estimadas familias, tal e como enviamos na circular informativa, esta tarde haberá observación astronómica.
Concretamos algúns datos, xa que houbo un pequeno erro na nota:
Hora: 20.00
Lugar: Centro escolar.
Asistencia: Si o aforo é suficiente, tal e como parece polas inscricións que temos, poderán participar as persoas acompañantes/familias e imás/irmáns.
Un cordial saúdo e nos vemos esta tarde!


Excursión ao Museo de Arte Contemporáneo

AVISO.: O vindeiro xoves 3 de marzo iremos de excursión ó MAC, Museo de Arte Contemporáneo. Lembrade traer as autorizacións antes dese día. Esta actividade está subvencionada, polo que non hai que pagar nada. Xa vos contaremos como foi a experiencia! http://www.mac.gasnaturalfenosa.com/

Xornada de montaxe Escornabot I

Estimadas familias, o vindeiro luns 18 de xaneiro de 5 a 7 da tarde, realizarase na escola unha xornada de montaxe de Esconabots para profesorado, enmarcada dentro dun curso de formación. Nela se realizará algún destes robots para o centro.

Neste momento os Escornabot que tiñamos prestados a través da Familia Viaxeira Escornabot, da asociación Bricolabs, van marchar para outra escola.

Como na compra colectiva de material para as clases de 4 anos se decidíu realizar a compra de 1 Escornabot para que quedara de forma permanente en cada unha das aulas e así poder ter dispoñible a diario para a realización de actividades, pensamos que esta sería unha boa oportunidade para montalos coa participación familiar.
Por motivos de organización, só poderán asistir 2 persoas de cada aula. É por iso, que neste caso, un dos criterios de selección que se estableceu foi que sexan mulleres as que realicen  a montaxe para fomentar a participación feminina no campo tecnolóxico, xa que este e un dos obxectivos da organización participante e do centro educativo.
Si algunha nai está interesada en participar e ten dispoñibilidade para asistir, pode devolvernos este documento co seu nome antes deste venres para facer mediante sorteo a elección.
A montaxe consitirá no ensamblado e atornillado das pezas impresas e electrónicas e soldado de algúns compoñentes.
Agradecemos de novo a vosa aportación de material, que nos está sendo de moito proveito.
Atentamente, as titoras.

NOME DO ALUMNO/A: …………………………………………………………………………………………………...

Bo Nadal!!!

Estimadas familias, agardamos que pasedes un moi bo Nadal de parte de tódalas mestras que estamos coas vosas crianzas:  Viqui, Dina, Sonia, Manoli,  Belén, Teacher Belén, Begoña,  Sandra, Katty,  Loli, Olga e Noa.

Deixamos tamén a felicitación das nenas e nenos de todo infantil.
En palabras de Viqui, que foi quen fixo a montaxe, co apoio de Dina, "Non están todos os que son, pero son todos os que están", e nós somos unhas privilexiadas por poder compartir a felicidade que desprenden. Conservemos a ilusión e a maxia destes días ao longo do vindeiro ano.
Vémonos o xoves 7 de xaneiro.




Aviso: Días non lectivos

Lembrade que até o mércores 9 de decembro non haberá clase, tal e como se informou na circular de principio de curso.
Feliz descanso.