Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións

Bibliomistos: MANUEL MARÍA

Bibliomistos: MANUEL MARÍA: A pasada semana tivemos unha actuación humorística  Manuel María.
Partindo dos contos  que podemos atopar en distintas obras e sobre todo en "O bigote de Mimí" a compañía Lucecús fíxonos  unha aproximación moi divertida á o homenaxeado das Letras Galegas, cunha chea de contos, cancións,..




CONTOS EN FAMILIA: 18-22 ABRIL

Dende hai uns anos, ao longo do mes de abril, as nais, pais, avós, avoas, tías, tíos...estades invitadas a vir contarnos contos na nosa hora de ler (10:40-11:00)


E como todos os anos, a nosa proposta é moi ben recibida por vós; e sempre temos que alongar o noso mes do libro ata o mes de maio. XENIAL!!!

Queremos animarvos a vir, seguir participando nesta actividade, disfrutar convosco das lecturas e dos nenos.

Mes da poesía. Poema O arco da vella. Manuel María

Esta mañá foi toda unha sorpresa!
No fío musical da escola á hora da entrada e da saída, puidemos escoitar a gravación colectiva que fixemos as Nadarinas e Nadaríns sobre o poema de Manuel María, O arco da vella (Os soños na gaiola, 1985)
Participamos todo o grupo no recitado e Álvaro e Carlos nos acompañaron a poñela no equipo de audio.











Cóntame un conto. Familias Lectoras

Compartimos as imaxes da actividade CÓNTAME UN CONTO das aulas do Rato Paco e Nadarín. Moitísimas grazas por participar axudándonos a seguir creando lazos entre as familias e a escola. Agardámosvos de novo o vindeiro ano coa mesma ilusión e novas ideas!