Compartimos as entradas do blogue de Educación Física de primaria onde podedes atopar o desenvolvemento da actividade de xogos que fixemos a semana pasada, enmarcada no proxecto de deporte na rúa que están a realizar.
Esta semana estamos nas aulas a facer actividades relacionadas co Samaín e o xoves día 29 poderán vir ás aulas escola caracterizados con algún elemento de medo (maquillaxe, roupa ou algún complemento...). Mellor que sexa algo económico, sinxelo, sen complicarnos moito.
Aproveitamos tamén para lembrarvos que o venres 30 é o día do ensino e o luns 2 é un dos días non haberá escola.
Deixamos algúns xogos, contos e cancións para que poidades ver nas casas.
A teacher Belén preparou outro estupendo xogo para practicar os nomes das emocións na aula dos Nadaríns, polo que agora volvemos compartir a o xogo dos Ratos Pacos para que o teñades xuntiño e poidades xogar na casa con tódalas amigas e amigos de 3 anos.
Deixamos estes xogos de xeito permanente na barra superior de ligazóns para que sempre o teñades a man.
Están xenial, xa nos comentaredes como vai a práctica!