Samaín

Esta semana estamos nas aulas a facer actividades relacionadas co Samaín e o xoves día 29 poderán vir ás aulas escola caracterizados con algún elemento de medo (maquillaxe, roupa ou algún complemento...). Mellor que sexa algo económico, sinxelo, sen complicarnos moito. Aproveitamos tamén para lembrarvos que o venres 30 é o día do ensino e o luns 2 é un dos días non haberá escola. Deixamos algúns xogos, contos e cancións para que poidades ver nas casas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.