Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto peixes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto peixes. Amosar todas as publicacións

Saída ao Mercado de Monte Alto e certame de debuxo



Seguindo coas actividades encamiñadas a coñecer o noso barrio, mañá faremos unha saída para achegarnos ao mercado municipal de Monte Alto e participar nunha actividade propostandende a Federación de prazas de abastos de Galicia "QUERE O TEU MERCADO".
 Consiste nun certame de debuxo co que achegar ás crianzas ao mercado tracicional e de proximidade.

Volvemos a achegar o vídeo sobre peixes de Galicia que fixemos o ano pasado, xa que pode ser interesante volver revisalo para esta actividade.


MÁIS INFO SOBRE O MERCADO DE MONTE ALTO



NADARÍN 3. CANCIÓNS TRADICIONAIS DO MAR E PEIXES DE GALICIA

Os Nadaríns seguimos metidos no mar. Estamos aprendendo moitos nomes de peixes de Galicia e tamén cancións tradicionais. Encántannos! 
Podedes atopar unha compilación na CANLE DE VÍDEOS para que as cantedes en familia.



PRESENTACIÓN

Tamén vos achegamos outra das cancións preferidas do noso equipo : "Pirañas" de Granpoder e Caxade, uns xóvenes cantantes galegos.


8 de Marzo. Día das mulleres traballadoras

Co gallo da celebración do día das mulleres traballadoras queriamos compartir con vós un documento que consideramos moi útil para facilitar o emprego dunha linguaxe non sexista no voso entorno, especialmente coas vosas fillas e fillos.
A linguaxe é fundamental na creación dunha sociedade máis igualitaria que ofreza oportunidades a tódalas persoas.


Outra das actividades que realizamos foi o pintado entre as dúas clases de 3 anos das "Mariscadoras" de Luis Seoane, que vimos no museo .