Amosando publicacións coa etiqueta Opinión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Opinión. Amosar todas as publicacións

Identidade de xénero

Hai quince días que tivemos a sorte, no XXX Encontro Galego- Portugués de Educadoras e Educadores pola paz (Nova Escola Galega), de poder contar coa presenza de Cristina Palacios, presidenta da asociación Arelas, de familias de menores trans. A súa intervención foi moi emotiva, clarificadora e interesante, tendo como mensaxe principal o respecto á diversidade de tódalas persoas.  
Esta semana a Xunta de Galicia ven de aprobar un protocolo de acompañamento e respecto á diversidade sexual das/os menores nos centros escolares que ten a esta asociación como unha das principais promotoras. Xa este é un tema bastante descoñecido, consideramos interesante compartir algúns documentos gráficos sobre o tema.