Amosando publicacións coa etiqueta Recursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recursos. Amosar todas as publicacións

Cando nos anoxamos. Bote da calma e respiración.

Role playing . Erros de comunicación e Xogo de tarxetas.

Saída ao Mercado de Monte Alto e certame de debuxo



Seguindo coas actividades encamiñadas a coñecer o noso barrio, mañá faremos unha saída para achegarnos ao mercado municipal de Monte Alto e participar nunha actividade propostandende a Federación de prazas de abastos de Galicia "QUERE O TEU MERCADO".
 Consiste nun certame de debuxo co que achegar ás crianzas ao mercado tracicional e de proximidade.

Volvemos a achegar o vídeo sobre peixes de Galicia que fixemos o ano pasado, xa que pode ser interesante volver revisalo para esta actividade.


MÁIS INFO SOBRE O MERCADO DE MONTE ALTO



Samaín

Esta semana estamos nas aulas a facer actividades relacionadas co Samaín e o xoves día 29 poderán vir ás aulas escola caracterizados con algún elemento de medo (maquillaxe, roupa ou algún complemento...). Mellor que sexa algo económico, sinxelo, sen complicarnos moito. Aproveitamos tamén para lembrarvos que o venres 30 é o día do ensino e o luns 2 é un dos días non haberá escola. Deixamos algúns xogos, contos e cancións para que poidades ver nas casas.

Emotions in English.

A teacher Belén preparou outro estupendo xogo para practicar os nomes das emocións na aula dos Nadaríns, polo que agora volvemos compartir a o xogo dos Ratos Pacos para que o teñades xuntiño e poidades xogar na casa con tódalas amigas e amigos de 3 anos. Deixamos estes xogos de xeito permanente na barra superior de ligazóns para que sempre o teñades a man. Están xenial, xa nos comentaredes como vai a práctica!

Analizando peixes e presentación de peixes de Galicia


Esta foi unha presentación que estivemos gravando os peixiños do noso equipo. Agardamos que vos guste e que aprendades moito con ela.