Amosando publicacións coa etiqueta Aula Rato Paco b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aula Rato Paco b>. Amosar todas as publicacións
Xustificación de gasto da compra colectiva de material
Compartimos o documento no que se recollen os gastos e facturas da compra de material escolar deste ano, agradecendo ás familias colaboradoras a participación e a xestión dunha proposta novidosa como esta.
https://drive.google.com/file/d/0B_zZl1k4l2zARDYzNGoxR1pNYWM/view?usp=sharing
Cancións convivencia na Torre
Compartimos algunhas das cancións que podemos cantar xuntas/os o luns e que as nenas e nenos pediron e que xa coñecen na súa maioría.
Bibliomistos: CARRERA CONTRA A FAME
Bibliomistos: CARRERA CONTRA A FAME: RECAUDAMOS 6.050€!!!! NORABOA!!!! Xa fixemos as nosas contas e quedamos abraiados co que conseguimos entre todos e entre todas....
Xurxo Souto e as Pedras da Torre.
Compartimos a información dunha das actividades que se preparou para o alumnado de primaria do centro xa que cremos que pode ser de interese.
Na aula tamén estivemos a ver o mapa e o vídeo dos Diplomáticos de Monte Alto.
* * *
Onte estivo con nós Xurxo Souto, natural de Monte Alto e bo coñecedor do noso barrio. Mostrounos o nome de toda a costa que rodea o noso barrio.
Tedes mais información en As pedras do mar da Torre.
Tamén aprendimos porque o mar da Coruña chámase o "Mar de María Antonia", as lendas dos os homes mariños, a pirámide submarina do Orzán, a historia de San Amaro, as lendas da Marola... ...e cantamos, gozamos coa súa música, co son do acordeón e a bucina.
Invitounos para o próximo curso a facer un roteiro polas rochas de arredor da Torre.
Foi tan amable que, nunha foto do vestíbulo, nomeou cada furna rocha, illa...
Sumouse a o noso Fotocall
Para rematar imos escoitar unha das súas cancións co grupo "Os diplomáticos de Monte Alto", adicada a pedra "Rabadeira"
Reunión convivencia na Torre
Esta mañá levaron unha circular informativa,
Había un erro na data, non é o luns 4 de xuño, senon o 6.
Estimadas familias,
as mestras de 5º de educación infantil poñémonos en contacto con vós para convocarvos para unha breve reunión este luns 6 de xuño ás 17:00, co fin de planificar unha actividade de convivencia.
A proposta sería pasar unha tarde na contorna da TORRE DE HÉRCULES, familias e alumnado acompañadas polas titoras.
A data da convivencia sería, o luns 20 de xuño a entre as 16:15 e as 18:30 horas.
Un cordial saúdo,
As titoras.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









