Xurxo Souto e as Pedras da Torre.

Compartimos a información dunha das actividades que se preparou para o alumnado de primaria do centro xa que cremos que pode ser de interese.
Na aula tamén estivemos a ver o mapa e o vídeo dos Diplomáticos de Monte Alto.






 * * * 

 Onte estivo con nós Xurxo Souto, natural de Monte Alto e bo coñecedor do noso barrio. Mostrounos o nome de toda a costa que rodea o noso barrio. 

Tedes mais información en As pedras do mar da Torre.

 Tamén aprendimos porque o mar da Coruña chámase o "Mar de María Antonia", as lendas dos os homes mariños, a pirámide submarina do Orzán, a historia de San Amaro, as lendas da Marola... ...e cantamos, gozamos coa súa música, co son do acordeón e a bucina.


 Invitounos para o próximo curso a facer un roteiro polas rochas de arredor da Torre.

Foi tan amable que, nunha foto do vestíbulo, nomeou cada furna rocha, illa... 


Sumouse a o noso Fotocall

  Para rematar imos escoitar unha das súas cancións co grupo "Os diplomáticos de Monte Alto", adicada a pedra "Rabadeira"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.