Amosando publicacións coa etiqueta Festa b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festa b>. Amosar todas as publicacións
Cancións convivencia na Torre
Compartimos algunhas das cancións que podemos cantar xuntas/os o luns e que as nenas e nenos pediron e que xa coñecen na súa maioría.
Celebración das Letras Galegas
Hoxe foi o día central da nosa celebración das "Letras Galegas"
Nós tamén quixemos cantar o himno xunto con algunhas das familias que se achegaron esa mañá ao centro.
Mais non rematou aquí a festa. A Asociación cultural "Son D'aquí" cantou e bailou para todos nós.
Entre outras pezas, cantamos "A saia da Carolina" e rematamos bailando un agarrado.
Queremos dar as grazas a Asociación Son D'aquí por esta festa tan alegre e a Matín e Greta, de 3 anos que fixeron acompañamento musical ao bombo e pandeireta.
E tamén á Coordinadora deTraballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que nos cedeu gratuítamente este Photocall tan marabilloso ao que lle estamos sacando moito partido estes días.
A campaña "Gústame o galego", que podedes seguir en diferentes medios e redes sociais, xurdíu do Viveiro de propostas normalizadoras desta asociación sen ánimo de lucro que asumiu a súa posta en marcha e que comezou a desenvolvela.
As familias tamén estades convidadas a vir a participar e sacar unhas fotos para participar, en horario de tarde ou unha vez que o alumnado teña saído da escola.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


