Amosando publicacións coa etiqueta Educación Emocional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Emocional. Amosar todas as publicacións

Identidade de xénero

Hai quince días que tivemos a sorte, no XXX Encontro Galego- Portugués de Educadoras e Educadores pola paz (Nova Escola Galega), de poder contar coa presenza de Cristina Palacios, presidenta da asociación Arelas, de familias de menores trans. A súa intervención foi moi emotiva, clarificadora e interesante, tendo como mensaxe principal o respecto á diversidade de tódalas persoas.  
Esta semana a Xunta de Galicia ven de aprobar un protocolo de acompañamento e respecto á diversidade sexual das/os menores nos centros escolares que ten a esta asociación como unha das principais promotoras. Xa este é un tema bastante descoñecido, consideramos interesante compartir algúns documentos gráficos sobre o tema.



Que tal vexetal? Pensar e emocións


 Hoxe na hora de ler estivemos xogando a pensar con este libro sobre emocións. 
Foi unha sesión moi interesante e productiva onde saíron un  montón de ideas sobre como nos sentimos, como percibimos  certas situacións e a forma de atopar modos de enfrontarse a elas para conseguir superalas ou que nos afecten o menos posible. Foi un exercicio de asamblea onde aprendemos moitas cousas grazas á intelixencia colectiva do grupo.


Si queredes ler máis sobre a actividade e o que dixeron as nenas e nenos, premede na seguinte ligazón.

Hoxe traballamos sobre 2 situacións:



Educa Saúde. Formación de familias e alumnado

27 Novembro / 2 Decembro / 
10 Decembro / 15 Decembro
16 a 17.30  con obradoiros para alumnado.
Non é preciso inscribirse previamente.

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvictorseoane/

Emotions in English.

A teacher Belén preparou outro estupendo xogo para practicar os nomes das emocións na aula dos Nadaríns, polo que agora volvemos compartir a o xogo dos Ratos Pacos para que o teñades xuntiño e poidades xogar na casa con tódalas amigas e amigos de 3 anos. Deixamos estes xogos de xeito permanente na barra superior de ligazóns para que sempre o teñades a man. Están xenial, xa nos comentaredes como vai a práctica!