Amosando publicacións coa etiqueta convivencia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta convivencia b>. Amosar todas as publicacións
Cancións convivencia na Torre
Compartimos algunhas das cancións que podemos cantar xuntas/os o luns e que as nenas e nenos pediron e que xa coñecen na súa maioría.
Reunión convivencia na Torre
Esta mañá levaron unha circular informativa,
Había un erro na data, non é o luns 4 de xuño, senon o 6.
Estimadas familias,
as mestras de 5º de educación infantil poñémonos en contacto con vós para convocarvos para unha breve reunión este luns 6 de xuño ás 17:00, co fin de planificar unha actividade de convivencia.
A proposta sería pasar unha tarde na contorna da TORRE DE HÉRCULES, familias e alumnado acompañadas polas titoras.
A data da convivencia sería, o luns 20 de xuño a entre as 16:15 e as 18:30 horas.
Un cordial saúdo,
As titoras.
Carreira contra a Fame
Compartimos as primeiras imaxes que se publicaron a través dos medios da Carreira contra a Fame - Axuda en Acción, na que participamos moitas persoas da comunidade educativa do centro.
A finalidade desta actividade era a visibilizar as situacións de precariedade e de incentivar a reflexión sobre que a situación social inxusta que nos rodea, non só coa carreira senon con actividades de sensibilización que se realizaron durante estes días.
Nas nosas mans está o poder contribuír a ir mudando estas situacións inxustas, tratando de ser cada día persoas un pouco máis conscientes e solidarias.
Queremos agradecer a colaboración de tódalas familias que se interesaron e colaboraron de calquera xeito nesta carreira solidaria (na organización, correndo ou coas aportacións económicas).
Esta foi a nosa primeira carreira pero cremos que non vai ser a última xa que resultou unha experiencia moi positiva e enriquecedora.
Parabéns a todas e todos!!
Celebración das Letras Galegas
Hoxe foi o día central da nosa celebración das "Letras Galegas"
Nós tamén quixemos cantar o himno xunto con algunhas das familias que se achegaron esa mañá ao centro.
Mais non rematou aquí a festa. A Asociación cultural "Son D'aquí" cantou e bailou para todos nós.
Entre outras pezas, cantamos "A saia da Carolina" e rematamos bailando un agarrado.
Queremos dar as grazas a Asociación Son D'aquí por esta festa tan alegre e a Matín e Greta, de 3 anos que fixeron acompañamento musical ao bombo e pandeireta.
E tamén á Coordinadora deTraballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que nos cedeu gratuítamente este Photocall tan marabilloso ao que lle estamos sacando moito partido estes días.
A campaña "Gústame o galego", que podedes seguir en diferentes medios e redes sociais, xurdíu do Viveiro de propostas normalizadoras desta asociación sen ánimo de lucro que asumiu a súa posta en marcha e que comezou a desenvolvela.
As familias tamén estades convidadas a vir a participar e sacar unhas fotos para participar, en horario de tarde ou unha vez que o alumnado teña saído da escola.
Aviso carreira contra a fame
O venres é o día da Carreira contra a
Fame na que o alumnado inscrito correrá co fins solidarios.
O alumnado de infantil levará un sobre o día da carreira no que se poden facer as aportacións nos sucesivos días.
O alumnado de infantil levará un sobre o día da carreira no que se poden facer as aportacións nos sucesivos días.
Tal e como
se envíou ás casas a pasada semana, as familias interesadas en vir participar
desta actividade correndo, poderán inscribirse até encher o número de
prazas que, por motivos organizativos, se teñen ofertado.
As persoas que hoxe devolveron a solicitude teñen a praza confirmada, as que se envíen posteriormente, terán que consultar dispoñibilidade.
Como
esta é unha actividade que se realiza por primeira vez e que require
bastante organización, agardamos poder ter aclarado as dúbidas xurdidas
até o momento.
Moitas grazas por anticipado polo interese e colaboración.
Moitas grazas por anticipado polo interese e colaboración.
Avisos Letras Galegas
Esta semana tan breve temos un milleiro de actividades interesantes.
Traballo do autor nas aulas, lectura de poemas, decorado de todo o centro con
poemas (escaleiras, ventás, tendal...)
Xa que onte foi o día das Letras Galegas, imos celebralo por todo o alto comezando co himno á hora da entrada.
Logo, ás 12,20 temos a sorte de poder contar coa Asociación cultural do noso barrio Son d'aquí, que tocarán unhas pezas para que poidamos bailar e cantar e algunha alumna e alumno dos maiores do centro tamén fará algunha actuación.
Monte Alto, Monte Alto,
patria do pai Breogán.
¡Caeron altos castelos
e moitos máis caerán!
patria do pai Breogán.
¡Caeron altos castelos
e moitos máis caerán!
Faro de Hércules se fora
a luz túa roita e guía
ben podes ter por seguro
a luz túa roita e guía
ben podes ter por seguro
que outro galo cantaría .
Manuel María 2001
Manuel María 2001
CONTOS EN FAMILIA: 18-22 ABRIL
Dende hai uns anos, ao longo do mes de abril, as nais, pais, avós, avoas, tías, tíos...estades invitadas a vir contarnos contos na nosa hora de ler (10:40-11:00)
E como todos os anos, a nosa proposta é moi ben recibida por vós; e sempre temos que alongar o noso mes do libro ata o mes de maio. XENIAL!!!
Queremos animarvos a vir, seguir participando nesta actividade, disfrutar convosco das lecturas e dos nenos.
Bibliomistos: DÍA DO CONTO: ES UN LIBRO!!
Bibliomistos: DÍA DO CONTO: ES UN LIBRO!!: O libro ideal para contar no noso DÍA DO CONTO para celebrar o DÍA DO LIBRO, a que si? Este é a nosa homenaxe aos libros de papel. ...
Xogos coas/cos maiores 2
Compartimos as entradas do blogue de Educación Física de primaria onde podedes atopar o desenvolvemento da actividade de xogos que fixemos a semana pasada, enmarcada no proxecto de deporte na rúa que están a realizar.
As actividades que prepararon por equipos foron:
- Acrosport
- Parkour
- Baloncesto
- Balonmán
- Deportes con rodas
Podedes aproveitar tamén para ver outras das moitas actividades tan interesantes que fan.
Grazas a tódolos equipos de 6º!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












