Carreira contra a Fame


Compartimos as primeiras imaxes que se publicaron a través dos medios da Carreira contra a Fame - Axuda en Acción, na que participamos moitas persoas da comunidade educativa do centro.
A finalidade desta actividade era a visibilizar as situacións de precariedade e de incentivar a reflexión sobre que a situación social inxusta que nos rodea, non só coa carreira senon con actividades de sensibilización que se realizaron durante estes días.
Nas nosas mans está o poder contribuír a ir mudando estas situacións inxustas, tratando de ser cada día persoas un pouco máis conscientes e solidarias.


Queremos agradecer a colaboración de tódalas familias que se interesaron e colaboraron de calquera xeito nesta carreira solidaria (na organización, correndo ou coas aportacións económicas).
Esta foi a nosa primeira carreira pero cremos que non vai ser a última xa que resultou unha experiencia moi positiva e enriquecedora.
Parabéns a todas e todos!!


3 comentarios:

  1. Familia Irene e Sara - Nadarinas
    Parabens pola iniciativa, e pola orghanización.
    Foi un pracer patrocinalas voltas!

    ResponderEliminar
  2. Grazas coma sempre Bego, a verdade é que resultou unha xornada de convivio moi divertida. Irene e Sara o deron todo, e logo, xunto cunhas comapeiras máis tiraron de min nas últimas voltas!

    ResponderEliminar

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.