Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto cidade b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto cidade b>. Amosar todas as publicacións
Cancións convivencia na Torre
Compartimos algunhas das cancións que podemos cantar xuntas/os o luns e que as nenas e nenos pediron e que xa coñecen na súa maioría.
Xurxo Souto e as Pedras da Torre.
Compartimos a información dunha das actividades que se preparou para o alumnado de primaria do centro xa que cremos que pode ser de interese.
Na aula tamén estivemos a ver o mapa e o vídeo dos Diplomáticos de Monte Alto.
* * *
Onte estivo con nós Xurxo Souto, natural de Monte Alto e bo coñecedor do noso barrio. Mostrounos o nome de toda a costa que rodea o noso barrio.
Tedes mais información en As pedras do mar da Torre.
Tamén aprendimos porque o mar da Coruña chámase o "Mar de María Antonia", as lendas dos os homes mariños, a pirámide submarina do Orzán, a historia de San Amaro, as lendas da Marola... ...e cantamos, gozamos coa súa música, co son do acordeón e a bucina.
Invitounos para o próximo curso a facer un roteiro polas rochas de arredor da Torre.
Foi tan amable que, nunha foto do vestíbulo, nomeou cada furna rocha, illa...
Sumouse a o noso Fotocall
Para rematar imos escoitar unha das súas cancións co grupo "Os diplomáticos de Monte Alto", adicada a pedra "Rabadeira"
Reunión convivencia na Torre
Esta mañá levaron unha circular informativa,
Había un erro na data, non é o luns 4 de xuño, senon o 6.
Estimadas familias,
as mestras de 5º de educación infantil poñémonos en contacto con vós para convocarvos para unha breve reunión este luns 6 de xuño ás 17:00, co fin de planificar unha actividade de convivencia.
A proposta sería pasar unha tarde na contorna da TORRE DE HÉRCULES, familias e alumnado acompañadas polas titoras.
A data da convivencia sería, o luns 20 de xuño a entre as 16:15 e as 18:30 horas.
Un cordial saúdo,
As titoras.
Excursión a María Pita
Este xoves seguiremo coñecendo a nosa cidade na visita que temos á Praza e Pazo de María Pita. Xogaremos na praza e entraremos dentro do Concello.
No Día das Mulleres xa nos temos achegado ao personaxe histórico da muller que lle da nome á nosa principal praza e agora voltamos a el.
Colgamos un par de vídeos cos que seguir indagando e tendes máis información na canle de Youtube, no cartafol de Proxecto Cidade.
Anque nós non iremos a coñecer a casa de María Pita, lembrade que podedes facelo na Cidade Vella.

E, a ver si vemos ao alcalde !
Avisos Letras Galegas
Esta semana tan breve temos un milleiro de actividades interesantes.
Traballo do autor nas aulas, lectura de poemas, decorado de todo o centro con
poemas (escaleiras, ventás, tendal...)
Xa que onte foi o día das Letras Galegas, imos celebralo por todo o alto comezando co himno á hora da entrada.
Logo, ás 12,20 temos a sorte de poder contar coa Asociación cultural do noso barrio Son d'aquí, que tocarán unhas pezas para que poidamos bailar e cantar e algunha alumna e alumno dos maiores do centro tamén fará algunha actuación.
Monte Alto, Monte Alto,
patria do pai Breogán.
¡Caeron altos castelos
e moitos máis caerán!
patria do pai Breogán.
¡Caeron altos castelos
e moitos máis caerán!
Faro de Hércules se fora
a luz túa roita e guía
ben podes ter por seguro
a luz túa roita e guía
ben podes ter por seguro
que outro galo cantaría .
Manuel María 2001
Manuel María 2001
Dillo ti
Xulio Ferreiro, o alcalde da Coruña, conversará o vindeiro sábado 30 de abril no centro cívico de Monte Alto.
Dillo Ti é un novo dereito para a cidadanía. Unha nova canle que a Concellería de Participación e Innovación Democrática abre para a cidadanía. Dillo Ti son encontros abertos co alcalde e o equipo de goberno municipal para discutir libremente os temas que preocupan á cidadanía. As persoas participantes poderán presentar calquera idea, proposta, problema, suxestión ou reclamación durante o encontro. O último sábado de cada mes nun barrio da cidade. A entrada é libre ata completar capacidade. Haberá conciliación para nenas e nenos.

Como este ano estamos a coñecer A Coruña consideramos interesante comunicar a posibidade de participar nesta canle de comunicación cidadá.
Estes días falaremos na escola das posiblilidades de mellora do noso barrio e, si o queremos ir a comunicar a título individual ou colectivo na campaña podedes participar aportando ideas.
Vídeo - Canción do mercado
Compartimos esta canción que tanto nos gusta e que é tan acaída para as actividades destes últimos anos.
Saída escolar á Lagoa de Eirís
O vindeiro MARTES imos ir de excursión á Lagoa de Eirís para achegarnos ao coñecemento da vexetación e a fauna que temos máis próxima e que está tan espléndida na primavera. Para ir ben preparadas/os e aproveitar moi ben a saída, o luns virán a darnos á escola un pequeno obradoiro medioambiental.
Lembrade traer o luns as autorizacións. O custe do trasnporte serán 2€.
Xa vos contaremos!
Lembrade traer o luns as autorizacións. O custe do trasnporte serán 2€.
Xa vos contaremos!
Saída ao Mercado de Monte Alto e certame de debuxo
Consiste nun certame de debuxo co que achegar ás crianzas ao mercado tracicional e de proximidade.
Volvemos a achegar o vídeo sobre peixes de Galicia que fixemos o ano pasado, xa que pode ser interesante volver revisalo para esta actividade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)