Amosando publicacións coa etiqueta Vídeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vídeo. Amosar todas as publicacións

VIDEOS E CANCIÓNS

Aquí compartimos os vídeos, as orlas e as cancións que que víchedes no festival para que as poidades ter como lembranza.
Moitas grazas por estes anos e que teñades moi feliz verán!

https://drive.google.com/drive/folders/0B_zZl1k4l2zAODNLQzhVU3RBMGM?usp=sharing








IMAXES CURSO 2016/2017

Comparto as imaxes de NADARÍN 5, para que as poidades desfrutar.
Como sempre, están publicadas na Galería de imaxes e tamén podedes acceder a elas dende o Google+ ou Photos.
Nos cartafois podedes achegarvos a moitas das actividades nas que estivemos traballando ao longo do curso, agardamos.


https://get.google.com/albumarchive/106115124932174078408


Educación emocional e resolución de conflictos
Proxecto Superamables
Letras Galegas
Paz: A Fuxida
Día das Familias
Poesía
Nadal
Contacontos de familias
Amadriñamentos lectores
Xogos
Entroido
Samaín e Magosto
O Dia a día
Xardín
Inglés
Maths Champions
Intercambios de aulas
Carreira contra a fame
Exposicións:
Amimais
Lugares de Galicia
Recunchos:
Lóxica
Xogo simbólico
Arte
Escornabot Puzzles ordenador
Biblioteca
Excursións:
Méndez Núñez
Concerto Efecto Arcoiris
Punta Herminia
Bombeir@s
Obradoiros en familia:
Borlas de lá
Adornos de Nadal


Si queredes podedes descargalas, xa que a finais de ano, supoñemos que as eliminaremos.

Xa vos adiantamos que en breve tamén publicaremos o vídeo final e as cancións do festival

Moitas grazas por estes 3 anos xuntxs!!

Saída ao Mercado de Monte Alto e certame de debuxo



Seguindo coas actividades encamiñadas a coñecer o noso barrio, mañá faremos unha saída para achegarnos ao mercado municipal de Monte Alto e participar nunha actividade propostandende a Federación de prazas de abastos de Galicia "QUERE O TEU MERCADO".
 Consiste nun certame de debuxo co que achegar ás crianzas ao mercado tracicional e de proximidade.

Volvemos a achegar o vídeo sobre peixes de Galicia que fixemos o ano pasado, xa que pode ser interesante volver revisalo para esta actividade.


MÁIS INFO SOBRE O MERCADO DE MONTE ALTO



Bo Nadal!!!

Estimadas familias, agardamos que pasedes un moi bo Nadal de parte de tódalas mestras que estamos coas vosas crianzas:  Viqui, Dina, Sonia, Manoli,  Belén, Teacher Belén, Begoña,  Sandra, Katty,  Loli, Olga e Noa.

Deixamos tamén a felicitación das nenas e nenos de todo infantil.
En palabras de Viqui, que foi quen fixo a montaxe, co apoio de Dina, "Non están todos os que son, pero son todos os que están", e nós somos unhas privilexiadas por poder compartir a felicidade que desprenden. Conservemos a ilusión e a maxia destes días ao longo do vindeiro ano.
Vémonos o xoves 7 de xaneiro.