Amosando publicacións coa etiqueta Museo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Museo. Amosar todas as publicacións

Selfie e fotos antigas do barrio.

Estimadas familias, 
O ano pasado tiñamos como proxecto de traballo "A ciencia", lembrades? Por iso, non queriamos deixar de informarvos de que os museos da cidade: Domus, Casa das Ciencias, Acuario e Muncyt, durante esta semana, dun xeito gratuíto, celebran o Mes da Ciencia en Galego e organizan diversas actividades para todalas idades. Aproveitade!
Este curso o noso proxecto chámase "Bibliomistos pola Coruña". Imos descubri a cidade e, coma sempre, para algunhas das actividades que imos facer necesitamos a vosa colaboración. Queredes axudarnos?
Os mércores, no vestíbulo do colexio, vai aparecer unha foto dun recuncho, un edificio, unha praza...dalgún punto da cidade.
Propoñemos a seguinte actividade:
- Sacarse unha foto (selfie) nese lugar. Quen? A vosa familia e/ou amizades (1,2,3...?)
- Unha vez que a teñades impresa, podedes entregala á súa titora e despois pegarémola no mural que faremos con todos eses puntos recoñecidos da cidade.
Grazas anticipadas pola vosa colaboración.

RECOÑECEDES O ESPAZO DESTA SEMANA????



Lembramos tamén que temos outro proxecto paralelo para facer unha exposición de fotografías antigas do barrio.

Museo de Belas Artes

A nosa primeira saída! Toda unha experiencia e ademais a un sitio tan interesante como o Museo de Belas Artes. Como xa saberedes, nese museo está a levarse a cabo unha exposición sobre Picaso, ainda que nós adicamonos a coñecer as primeiras nocións sobre a pintura e centramonos máis nos cadros de Luis Seoane. Así que tedes unha oportunidade inigualable de voltar cos vosos nenos!