Selfie e fotos antigas do barrio.

Estimadas familias, 
O ano pasado tiñamos como proxecto de traballo "A ciencia", lembrades? Por iso, non queriamos deixar de informarvos de que os museos da cidade: Domus, Casa das Ciencias, Acuario e Muncyt, durante esta semana, dun xeito gratuíto, celebran o Mes da Ciencia en Galego e organizan diversas actividades para todalas idades. Aproveitade!
Este curso o noso proxecto chámase "Bibliomistos pola Coruña". Imos descubri a cidade e, coma sempre, para algunhas das actividades que imos facer necesitamos a vosa colaboración. Queredes axudarnos?
Os mércores, no vestíbulo do colexio, vai aparecer unha foto dun recuncho, un edificio, unha praza...dalgún punto da cidade.
Propoñemos a seguinte actividade:
- Sacarse unha foto (selfie) nese lugar. Quen? A vosa familia e/ou amizades (1,2,3...?)
- Unha vez que a teñades impresa, podedes entregala á súa titora e despois pegarémola no mural que faremos con todos eses puntos recoñecidos da cidade.
Grazas anticipadas pola vosa colaboración.

RECOÑECEDES O ESPAZO DESTA SEMANA????



Lembramos tamén que temos outro proxecto paralelo para facer unha exposición de fotografías antigas do barrio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.