Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

Celebración das Letras Galegas

Hoxe foi o día central da nosa celebración das "Letras Galegas"
Á hora de entrada, Diego interpretou, co seu violín, o Himno galego.


Nós tamén quixemos cantar o himno xunto con algunhas das familias que se achegaron esa mañá ao centro.



 


Mais non rematou aquí a festa. A Asociación cultural "Son D'aquí" cantou e bailou para todos nós.
Entre outras pezas, cantamos "A saia da Carolina" e rematamos bailando un agarrado.
Queremos dar as grazas a Asociación Son D'aquí por esta festa tan alegre e a Matín e Greta, de 3 anos que fixeron acompañamento musical ao bombo e pandeireta.


E tamén á Coordinadora deTraballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que nos cedeu gratuítamente este Photocall tan marabilloso ao que lle estamos sacando moito partido estes días.
A campaña "Gústame o galego", que podedes seguir en diferentes medios e redes sociais,  xurdíu do Viveiro de propostas normalizadoras desta asociación sen ánimo de lucro que asumiu a súa posta en marcha e que comezou a desenvolvela. 
As familias tamén estades convidadas a vir a participar e sacar unhas fotos para participar, en horario de tarde ou unha vez que o alumnado teña saído da escola.








Avisos Letras Galegas

Esta semana tan breve temos un milleiro de actividades interesantes.
Traballo do autor nas aulas, lectura de poemas, decorado de todo o centro con 
poemas (escaleiras, ventás, tendal...)



 "Soñando Galicia... con Manuel María"  

Xa que onte foi o día das Letras Galegas, imos celebralo por todo o alto comezando co himno á hora da entrada.



Logo, ás 12,20 temos a sorte de poder contar coa Asociación cultural do noso barrio Son d'aquí, que tocarán unhas pezas para que poidamos bailar e cantar e algunha alumna e alumno dos maiores do centro tamén fará algunha actuación. 

Resultado de imaxes para son d'aqui


Monte Alto, Monte Alto,
patria do pai Breogán.
¡Caeron altos castelos
e moitos máis caerán!
Faro de Hércules se fora
a luz túa roita e guía
ben podes ter por​ seguro 
que ​outro ​galo ​cantaría .

Manuel María 2001



Comeza o reto!





Bibliomistos: MANUEL MARÍA

Bibliomistos: MANUEL MARÍA: A pasada semana tivemos unha actuación humorística  Manuel María.
Partindo dos contos  que podemos atopar en distintas obras e sobre todo en "O bigote de Mimí" a compañía Lucecús fíxonos  unha aproximación moi divertida á o homenaxeado das Letras Galegas, cunha chea de contos, cancións,..




Máis Letras Galegas

Compartimos máis imaxes da festa das Letras Galegas que foron compartidas en Bibliomistos, o blogue da nosa biblioteca e aproveitamos mara recomendarvos que o sigades, xa que aparecen moitas actividades que facemos no centro. Podedes consultalo dende a lapela que hai na parte superior deste blogue. http://bibliomistos.blogspot.com.es/