Amosando publicacións coa etiqueta Saídas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saídas b>. Amosar todas as publicacións
Cancións convivencia na Torre
Compartimos algunhas das cancións que podemos cantar xuntas/os o luns e que as nenas e nenos pediron e que xa coñecen na súa maioría.
Excursión a María Pita
Este xoves seguiremo coñecendo a nosa cidade na visita que temos á Praza e Pazo de María Pita. Xogaremos na praza e entraremos dentro do Concello.
No Día das Mulleres xa nos temos achegado ao personaxe histórico da muller que lle da nome á nosa principal praza e agora voltamos a el.
Colgamos un par de vídeos cos que seguir indagando e tendes máis información na canle de Youtube, no cartafol de Proxecto Cidade.
Anque nós non iremos a coñecer a casa de María Pita, lembrade que podedes facelo na Cidade Vella.

E, a ver si vemos ao alcalde !
Saída escolar á Lagoa de Eirís
O vindeiro MARTES imos ir de excursión á Lagoa de Eirís para achegarnos ao coñecemento da vexetación e a fauna que temos máis próxima e que está tan espléndida na primavera. Para ir ben preparadas/os e aproveitar moi ben a saída, o luns virán a darnos á escola un pequeno obradoiro medioambiental.
Lembrade traer o luns as autorizacións. O custe do trasnporte serán 2€.
Xa vos contaremos!
Lembrade traer o luns as autorizacións. O custe do trasnporte serán 2€.
Xa vos contaremos!
Excursión ao Museo de Arte Contemporáneo
AVISO.:
O vindeiro xoves 3 de marzo iremos de excursión ó MAC, Museo de Arte Contemporáneo.
Lembrade traer as autorizacións antes dese día.
Esta actividade está subvencionada, polo que non hai que pagar nada.
Xa vos contaremos como foi a experiencia!
http://www.mac.gasnaturalfenosa.com/
O venres imos ó teatro
Levan moito tempo preguntando cando imos de excursión e por fin se achega o día.
Este venres iremos ó teatro a ver a obra "FEO" da compañía Caramuxo, un espectáculo inspirado no clásico de Hans Cristhian Andersen.
Nunha pequena fábrica de parrulos de goma Il Papero Giallo produce todolos días centos e centos de parrulos do mismo tamaño e cor, pero un día sae un diferente ...
Feo é un canto á diversidade e á esencia de un mesmo.
O PRACER DE VIAXAR...
Inda que non fomos moi lonxe, serviunos para ver o mundo con outros ollos e escoitar os sons doutro xeito. Disfrutamos de compartir cos amigos as primeiras viaxes!
Museo de Belas Artes
A nosa primeira saída! Toda unha experiencia e ademais a un sitio tan interesante como o Museo de Belas Artes. Como xa saberedes, nese museo está a levarse a cabo unha exposición sobre Picaso, ainda que nós adicamonos a coñecer as primeiras nocións sobre a pintura e centramonos máis nos cadros de Luis Seoane. Así que tedes unha oportunidade inigualable de voltar cos vosos nenos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)