Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Escornabot. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Escornabot. Amosar todas as publicacións

Xornada de montaxe Escornabot I

Estimadas familias, o vindeiro luns 18 de xaneiro de 5 a 7 da tarde, realizarase na escola unha xornada de montaxe de Esconabots para profesorado, enmarcada dentro dun curso de formación. Nela se realizará algún destes robots para o centro.

Neste momento os Escornabot que tiñamos prestados a través da Familia Viaxeira Escornabot, da asociación Bricolabs, van marchar para outra escola.

Como na compra colectiva de material para as clases de 4 anos se decidíu realizar a compra de 1 Escornabot para que quedara de forma permanente en cada unha das aulas e así poder ter dispoñible a diario para a realización de actividades, pensamos que esta sería unha boa oportunidade para montalos coa participación familiar.
Por motivos de organización, só poderán asistir 2 persoas de cada aula. É por iso, que neste caso, un dos criterios de selección que se estableceu foi que sexan mulleres as que realicen  a montaxe para fomentar a participación feminina no campo tecnolóxico, xa que este e un dos obxectivos da organización participante e do centro educativo.
Si algunha nai está interesada en participar e ten dispoñibilidade para asistir, pode devolvernos este documento co seu nome antes deste venres para facer mediante sorteo a elección.
A montaxe consitirá no ensamblado e atornillado das pezas impresas e electrónicas e soldado de algúns compoñentes.
Agradecemos de novo a vosa aportación de material, que nos está sendo de moito proveito.
Atentamente, as titoras.

NOME DO ALUMNO/A: …………………………………………………………………………………………………...

Recursos, despedida e convocatoria de Familia Viaxeira Escornabot para novos coles


Despois de ter permanecido con nós un tempo, a FAMILIA VIAXEIRA dos Escornabot viaxará  en breve a outras escolas para ter novas experiencias. Agardamos seguir tendo contacto con eles. 
Moitas grazas ó equipo Escornabot e á xente de Bricolabs polo préstamo, por compartir e por ensinarnos este valor. Nós tamén tentamos coidar dos Escornabots para que moitas nenas e nenos sigan xogando con eles.
Na nosa escola xa deixou unha pequena semente.
A nosa aportación ó proxecto, é un banco e recursos que está dispoñible na Wiki de Escornabot e que se seguirá ampliando con novas actividades.





Escornabot: Relaciona e fai o camiño

Escornabots nas xornadas EscolaTAC

Esta fin de semana fumos presentar as experiencias da nosa escola cos Escornabot nas xornadas EscolaTAC (Tecnoloxías Aplicadas ó Coñecemento) de formación do profesorado de Galicia!



Feira de Tecnoloxías Abertas na Domus

Este sábado haberá na Domus unha feira de tecnoloxías abertas, organizada polo colectivo BricoLabs que ten creado o Escornabots, con  axuda da asociación Ghandalf, do museo Domus de A Coruña e outras colaboracións.
Si vos interesa o tema e queredes pasar para ver algúns dos artiluxios inventados por este grupo e outros do estado, podedes facelo. 
Si tendes pensado asistir, mellor que cubrades a INSCRICIÓN para poder prever o número de persoas asistentes anque non é obrigatorio facelo. Son portas abertas ese día. 
Este é programa e HORARIO- PROGRAMA.


Trazando camiños. Proxecto Escornabot

Os primeiros días de xogar co Escornabot estivemos probando actividades sinxelas, metas moi curtas pero nas que os robots se movían cunha soa orde.


Agora xa realizamos tarefas cada vez máis complexas (como escoitaredes no vídeo xa fan as ordes de "todo a la vez!"). Neste caso, planificamos camiños, coas súas correspondentes instruccións. Facémolo de forma funcional e tamén o representamos gráficamente no papel.
Esta actividade lles axuda a pensar, ordenar accións, memorizar, poñerse no lugar de outro para realizar movementos (do Escornabot, neste caso), asociar un botón ou a forma (círculo=xiro, triángulo=avance)  cunha acción, contar, agardar...





Tamén estamos a aprender vocabulario relacionado coas pezas.