Recursos, despedida e convocatoria de Familia Viaxeira Escornabot para novos coles


Despois de ter permanecido con nós un tempo, a FAMILIA VIAXEIRA dos Escornabot viaxará  en breve a outras escolas para ter novas experiencias. Agardamos seguir tendo contacto con eles. 
Moitas grazas ó equipo Escornabot e á xente de Bricolabs polo préstamo, por compartir e por ensinarnos este valor. Nós tamén tentamos coidar dos Escornabots para que moitas nenas e nenos sigan xogando con eles.
Na nosa escola xa deixou unha pequena semente.
A nosa aportación ó proxecto, é un banco e recursos que está dispoñible na Wiki de Escornabot e que se seguirá ampliando con novas actividades.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.