Trazando camiños. Proxecto Escornabot

Os primeiros días de xogar co Escornabot estivemos probando actividades sinxelas, metas moi curtas pero nas que os robots se movían cunha soa orde.


Agora xa realizamos tarefas cada vez máis complexas (como escoitaredes no vídeo xa fan as ordes de "todo a la vez!"). Neste caso, planificamos camiños, coas súas correspondentes instruccións. Facémolo de forma funcional e tamén o representamos gráficamente no papel.
Esta actividade lles axuda a pensar, ordenar accións, memorizar, poñerse no lugar de outro para realizar movementos (do Escornabot, neste caso), asociar un botón ou a forma (círculo=xiro, triángulo=avance)  cunha acción, contar, agardar...





Tamén estamos a aprender vocabulario relacionado coas pezas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.