Aviso: Experimentos nas aulas



" Estimadas familias, o centro de interese deste ano na escola é a  CIENCIA.
É por isto que vos queremos convidar a que veñades ás aulas a presentar algún EXPERIMENTO ou EXPERIENCIA ás nenas e nenos.
Si queredes participar, debedes poñervos en contacto coas titoras para concretar día, hora e tipo de experimento que queredes preparar.
Lembrade que o alumnado de infantil ten unhas características moi especiais, polo que a experiencia ha de ser breve e ter uns resultados que poidan ser apreciados con facilidade a través dos sentidos.
Contades co noso apoio para o que precisedes.

  As mestras de Educación Infantil do CEIP Víctor López Seoane."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.