Básico sobre o blogue e primeiros pasos

"O que bule" é un blogue onde ides ter información sobre as actividades que se realizan no cole.
Como podedes ver, nel temos distintos apartados:
Na parte superior tedes as ligazons ás webs do colexio e da biblioteca. Tamén aparece baixo o título "galeria de imaxes" a ligazón aos cartafoles das fotos que se van subindo e que se poden descargar. No apartado "canle de videos" hai unha lista de reproducción de youtube onde quedan recollidas aquelas cancións e videos que nos parecen de interese.
Si ao utilizar este blogue queredes acceder únicamente aos contidos dunha clase, por exemplo a de Nadarín, tedes unha ligazón á dereita co nome da aula, que vos levará a eles.
Se o que queredes buscar é un tema en concreto, tendes dúas opcións:
Un buscador á dereita da páxina ou as etiquetas das entradas que están na parte de abaixo do blogue.
Por último queremos animarvos a que acheguedes as vosas aportacións. A forma de facelo é a través dos comentarios que se poden escribir despois de cada entrada. Estos comentarios non son de publicación inmediata e recordade sempre identificarvos.
E como sabemos que o que estades desexando é ver as fotos, aquí vos deixamos as dos primeiros días, no período de adaptación.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.