FIN DE CURSO

Estimadas familias, a piques de rematar o curso comunicamos a información relativa á actividade de mañá venres 19 de xuño. Ó longo da mañá realizaremos diferentes actividades festivas e merendaremos ó aire libre todalas nenas e nenos e aproveitaremos para celebrar os aniversarios dos que cumplen no verán. A última hora feremos unha pequena festa de auga para a que pedimos a vosa colaboración para que traian da casa un spray /pulverizador de plástico para xogar. Pedímosvos tamén que traian roupa cómoda, a poder ser con pantalón curto, camiseta e zapatillas. Vanse mollar, polo tanto, aqueles que veñades a recollelos á escola, traede algunha muda por si é necesaria. Para as nenas e nenos de comedor e transporte mandádelle roupa na mochila e se cambian no cole. Moitas grazas e un saudo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.