Experientos familiares

Xa chegan os primeiros experimentos á escola!
A semana pasada Alejandro, o tío de Carlos, veu ensinarnos un par de experimentos e un truco de maxia!
1º: A auga que non se derrama do vaso ó darlle a volta.
Alejandro nos explicou moi ben que a auga estaba composta dunhas partículas moi pequeniñas, chamadas átomos, que eran moi fortes. Logo, encheu un vaso de auga, colocou unha carta sobre el e deulle a volta sen derramar unha pinga.
2º: A lata bailadora sobre a auga.
Sobre un charquiño de auga, colocou unha lata boca abaixo á que se quenceu con lume e esta comezou a moverse.

O truco de maxia consistíu en facer desaparecer un vaso de cristal, envolto en papel de aluminio, diante dos nosos ollos.
Foi abraiante!
Moitas grazas por vir, foi xenial!


2 comentarios:

  1. Muy interesante. Nuestro pequeño científico quiere repetir el experimento en casa. Álvaro. 4º EI B. Nadarín.

    ResponderEliminar
  2. Estupendo! Á volta das vacacións haberá máis experimentos. Grazas por participar.

    ResponderEliminar

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.