COMEZAN OS EXPERIMENTOS

Hai uns días a mamá de Lucas, María, veunos mostar un experimento sorprendente, inda que despois nos contou que tiña un pequeno truco...
María tiña unha botella de plástico cun globo dentro posto coma se fose un tapón. Cando inchaba o globo e aínda que non o pechaba, o globo non desinchaba!!!!
Non obstante ela podía facer que se desinchase facendo maxia...
Ao final contounos que o maxia era un pequeno buratiño que tiña a botella. Se o burato está tapado cando inchamos o globo, o aire que hai na botella sae polo burato inferior pero cando tapamos o burato, prodúcese o baleiro e a presión atmosférica exterior que é maior que a interior impide que o aire saia e polo tanto o globo non se desincha.
Non sei se o entenderíamos moi ben, pero o que si é certo é que a maxia quedou plasmada nas nosas caras. Grazas María. 
Espero que este video vos anime a todos a compartir con nós momentos tan especiais!!!! Vos esperamos!!

1 comentario:

  1. Quique - Papá de Alex, Aula Rato Paco -

    Experimento fenomenal, qué concentrados se les ve a todos!!!!

    ResponderEliminar

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.