Día da paz

O pasado 30 da xaneiro foi o Día escolar da paz. 
Aproveitamos esta semana para coñecer a Malala (Premio Nobel da Paz pola defensa do dereito das nenas á educación) e participamos na realización dun mural sobre unha obra do grafiteiro Banksy no muro de Palestina.






Tiñamos pensado facer unha marcha pola paz até a Torre de Hércules con todo o alumnado e profesorado pero, até o momento, o tempo non o permitíu.
De todos xeitos, dentro do centro realizamos outras actividades que queremos compartir con vós.



Neste vídeo se recollen algunhas reflexións sobre convivencia, resolución de conflitos e amizade do alumnado que se animou voluntariamente a participar.


Algúns recursos utilizados que consideramos de interese:




Deixamos aquí un pequeno apunte do grupo de Educadoras pola Paz de Nova Escola Galega acerca desta conmemoración:


 "Se queremos ensinar a paz verdadeira, debemos comezar coas crianzas." - Mahatma Gandhi. 
 "O 30 de xaneiro conmemora a morte de Mahatma Gandhi, unha das figuras pacifistas máis destacadas da historia mundial, así como líder espiritual do movemento nacionalista da India que culminou na independencia dese país dos colonos británicos. En 1948 Gandhi foi asasinado por un extremista hindú, pero a súa loita nonviolenta deixou unha profunda pegada nas mentes e corazóns non só do pobo indio senón de pobos por todo o mundo. O Día Escolar da Nonviolencia e da Paz (DENEP) comeza celebrarse a partir de 1964, ano da morte do primeiro líder político da India independente, Sri Pandit Jawaharlal Nehru. 
O DENEP foi froito dunha iniciativa pioneira do profesor catalán Llorenç Vidal, grande promotor da Cultura da Paz na mocidade. 
Na Galiza, o DENEP celébrase por primeira vez no ano 1983 no Colexio Público García Barbón de Vigo, grazas en grande parte aos esforzos dun dos fundadores de Educadoras/es pola Paz, o profesor Xesús R. Jares. O DENEP está recoñecido pola ONU desde 1993."

 

2 comentarios:

  1. Me parecen genial todas las actividades que hacéis con los peques. Yo me quedé tonta cuando Vale señaló la foto del mural y dijo: esa es Malala. Seguid así!

    Mamá de Valeria. Clase Rato Paco

    ResponderEliminar
  2. Me parecen genial todas las actividades que hacéis con los peques. Yo me quedé tonta cuando Vale señaló la foto del mural y dijo: esa es Malala. Seguid así!

    Mamá de Valeria. Clase Rato Paco

    ResponderEliminar

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.