Identidade de xénero

Hai quince días que tivemos a sorte, no XXX Encontro Galego- Portugués de Educadoras e Educadores pola paz (Nova Escola Galega), de poder contar coa presenza de Cristina Palacios, presidenta da asociación Arelas, de familias de menores trans. A súa intervención foi moi emotiva, clarificadora e interesante, tendo como mensaxe principal o respecto á diversidade de tódalas persoas.  
Esta semana a Xunta de Galicia ven de aprobar un protocolo de acompañamento e respecto á diversidade sexual das/os menores nos centros escolares que ten a esta asociación como unha das principais promotoras. Xa este é un tema bastante descoñecido, consideramos interesante compartir algúns documentos gráficos sobre o tema.



2 comentarios:

  1. Familia Irene e Sara.
    O que non se ve, non existe.
    Que ghran verdade, está nas nosas mans facer todalas posibilidades visibles.
    Ghrazas por partillala información do encontro con nos!

    ResponderEliminar

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.