Celebración das Letras Galegas

Hoxe foi o día central da nosa celebración das "Letras Galegas"
Á hora de entrada, Diego interpretou, co seu violín, o Himno galego.


Nós tamén quixemos cantar o himno xunto con algunhas das familias que se achegaron esa mañá ao centro.



 


Mais non rematou aquí a festa. A Asociación cultural "Son D'aquí" cantou e bailou para todos nós.
Entre outras pezas, cantamos "A saia da Carolina" e rematamos bailando un agarrado.
Queremos dar as grazas a Asociación Son D'aquí por esta festa tan alegre e a Matín e Greta, de 3 anos que fixeron acompañamento musical ao bombo e pandeireta.


E tamén á Coordinadora deTraballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que nos cedeu gratuítamente este Photocall tan marabilloso ao que lle estamos sacando moito partido estes días.
A campaña "Gústame o galego", que podedes seguir en diferentes medios e redes sociais,  xurdíu do Viveiro de propostas normalizadoras desta asociación sen ánimo de lucro que asumiu a súa posta en marcha e que comezou a desenvolvela. 
As familias tamén estades convidadas a vir a participar e sacar unhas fotos para participar, en horario de tarde ou unha vez que o alumnado teña saído da escola.








2 comentarios:

  1. Moitisimas grazas pola acollida! Pasámolo moi ben e esperamos que vos tamén.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Nós xenial, esta mañá na asamblea volveron a lembrarnos que o que máis lle gustara da semana pasada fora a actuación musical e a carreira do venres. Grazas de novo!!

    ResponderEliminar

Moitas grazas por participar.
Lembra poñer nome e aula.
O teu comentario será visible despois da súa aprobación.